MANIFESTO POLA EXCOMUNIÓN
Actus formalis defectionis ab Ecclesia catholica
Nos, membros da Federación Internacional de Ateos, facendo uso da nosa plena liberdade e con absoluta conciencia do significado e do
alcance da nosa petición, desexamos
manifestar ó Pontífice romano e ós obispos do mundo,
así como ós responsables máximos da Igrexa Católica, e en especial ós
da Congregación para a Doctrina da Fe, o seguinte:
Recoñecemos na Igrexa Católica á corporación máis intolerante, homicida e destructiva de cantas
históricamente existiron. Recoñecemos
na súa doctrina unha ideoloxía do odio e da
guerra, e un retablo de falsedades, trampas, contradicións,
enganos e ridiculeces erixido
có único fin de anular a intelixencia
e de denigrar a razón. Recoñecemos na moral cristiá un cloroformo
destinado a neutralizar o placer e a imaginación, a facer
dos nosos corpos o máis cercano inimigo e a trocar a
virtude en submisión. Recoñecemos no Papado a un emisario da tortura e da
mentira, a unha marioneta dos intereses do Estado
fascista vaticano. Recoñecemos no alto clero a unha banda de parásitos sociais,
ávidos de poder e de saqueo. Recoñecemos nos fieis
católicos a unha humanidade
enganada, pola que sentimos
solidariedade e compasión. Recoñecemos
en tóda las víctimas do terror relixioso
a proba definitiva da vosa culpabilidade.
E polo tanto, os acusamos públicamente:
De ter condenado a morte
a millóns de individuos, por colaborar coas vosas instrucións á expansión da
VIH/SIDA. De practicar relacións simbióticas con toda
clase de totalitarismos, de fomentalos, de xustificalos y de prostituiros ante eles. De bendecir ós asesinos e ós tiranos. De
proclamar santas cruzadas contra as mujeres e os
hombres que dudaron da vosa verdade.
De escravizar ós débiles.
De adular ós xenerais e ós caudillos. De fomentar o odio ós
corpos, á felicidade e ó
placer. De insultar á intelixencia, e de pretender sometela á vosa absurda e
primitiva teoloxía. De xerarquizar
os xéneros, as relacións e
os sentimentos, de acuerdo coa moral sinestra que practicades. De impoñer as vosas fobias como
sagrados mandamentos. De atacar sistematicamente
as liberdades individuais e
colectivas. De saquear ós pobos, sen
tregua e con total impunidade, por medio dos vosos acordos diplomáticos, dos vosos Concordatos e das vosas
alianzas có poder político. De traficar coa infancia.
De fornicar con ella. De mentir. De abusar. De discriminar. De encubrir ós pederastas. De ter creado a Santa Inquisición. De
encender fogueiras que todavía non
cesaron de arder. De despreciar a ciencia e o conocimiento. De torturar, de
masacrar e de ocultar a verdade histórica. De
manipular a memoria colectiva. De perpetuar a vosa ideoloxía inxectándoa nas mentes infantis. E de
instigar, conspirar, falsificar e impoñer mediante a
violencia o voso delirio patolóxico.
E vos recordamos, ademáis:
Que o código de Dereito
Canónico que rixe as sancións
e faltas na vosa
corporación, reactualizado polo difunto Karol
Wojtyla, establece unha relación de censuras cuxo obxectivo declarado é a
prevención e protección do voso rebaño de fieis. Que
entre estas sancións destaca, pola
súa especial relevancia, a pena de excomunión. Que se
establece a dita pena para os delitos “máis graves”,
aquellos que a autoridade eclesiástica considera que
colocan ó suxeito fora da
comunión coa súa Igrexa.
Que o artigo 1364 § 1 do Código de Dereito Canónico
afirma que “o apóstata da fe, o herexe ou o cismático incurren na
excomunión latae sententiae”.
Que o artigo 1369 establece que “quen, nun espectáculo ou reunión
públicos, nun escrito divulgado, ou
de calquera outro modo
polos medios de comunicación social, profire unha blasfemia, atenta gravemente contra as boas costumes, inxuria a relixión ou a Igrexa
ou suscita odio ou
desprecio contra elas debe ser castigado con unha pena xusta”. Que o artigo
1373 explicita que “quen suscita publicamente
a aversión ou o odio dos súbditos contra a Sede
Apostólica ou o Ordinario, có
motivo de algún acto de potestade ou
de ministerio eclesiástico, ou induce ós súbditos a desobedecelos, debe
ser castigado con entredito ou
con outras penas xustas”. E
que o artigo 1374, sendo extremadamente claro na súa redacción, sentencia que “quen se inscribe nunha asociación
que maquina contra a Igrexa debe ser castigado con unha pena xusta”, e que “quen promove ou
dirixe esa asociación, debe ser castigado con entredito”.
E por añadidura vos informamos de:
Que nos Estatutos da nosa
Federación se definen de forma diáfana os objetivos ós
que desexamos dirixirnos,
consistentes en denunciar e erradicar a influencia social e cultural ligada ás ideas de “Dios”, de “anima” e
de “sobrenatural”; en loitar contra a implantación do
“feito relixioso” e contra
os privilexios económicos e políticos dos que
disfrutan a religión e as súas institucións;
na difusión do ateísmo como alternativa racional
frente á superstición relixiosa; e na defensa e expansión do racionalismo e do librepensamento.
Polo que expoñemos:
Que a frecuente negativa dos membros
das Conferencias Episcopais a asumir e recoñecer o dereito de apostasía,
manifestando os dirixentes de certas
diócesis que o rexistro de bautismo es unha simple anotación histórica non suxeita
á normativa sobre a protección de datos persoais, e desenvolvendo unha estratexia xurídica definida pola súa desobediencia ós tribunais, nos obliga a
considerar a esixencia de excomunión "latae sententiae" declarada
para os membros da nosa
organización que, por motivos sociais ou de tradición familiar, foron
incluidos na súa infancia
no cómputo de individuos bautizados e, polo tanto, no censo estadístico de
católicos.
Tras todo o cal, esiximos,
apelando á vosa presumible coherencia:
Que, en declaración eclesiástica e por oficial
escrito, sexa emitida CONDENA DE EXCOMUNIÓN PÚBLICA a
TODOLOS membros, actuais e
futuros, da Federación Internacional de Ateos, non deixando
así dubida algunha en canto
á negativa absoluta, pola nosa
parte, a seguir pertencendo, nos casos en que así
conste, ó cómputo dos fieis da secta católica.
Rechazamos enerxicamente
a vosa doctrina, o voso
culto, a vosa moral e o voso
corpo dogmático. Apostatamos da fe católica (art.
1364). Suscitamos desprecio contra a Igrexa (art.
1369). Inducimos á desobediencia frente a ela (art.
1373). E, ainda máis
importante, nos esforzamos en aquelo que, según a vosa particular linguaxe, contribue a “maquinar” contra a Corporación (art. 1374). É
decir, en denunciar, en facer públicas e en expoñer as actividades criminais
presentes e pasadas nas que esté involucrado o clero
católico, e en iniciar accións concretas tendentes a
destruir a influencia que este mantén sobre a cultura, a política e a sociedade.
En Toledo, Sede do I Concilio Ateo, a 22 de novembre
de 2007.
A Asamblea de socios da Federación Internacional de Ateos (FIdA)